Expertos e profesionais analizarán o novo contexto tecnolóxico do sector audiovisual
2008-09-23
Os días 9 e 10 de outubro celebraranse en Santiago de Compostela as xornadas organizadas por AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, sobre as Novas formas de distribución e consumo audiovisual. Este encontro acollerá ós máximos expertos do sector audiovisual e das telecomunicacións na análise dos novos medios e contidos audiovisuais.
Celebraranse cinco mesas de traballo e posterior debate sobre a dixitalización de contidos, as novas canles de distribución, a exhibición dixital e a explotación baixo demanda, os novos formatos para os novos medios e as novas oportunidades de negocio. Representantes das empresas máis innovadoras do sector -entre elas Blüsens, Sogecable, Televés, Telefónica, Alcatel ou Zed Group- e da Universidade de Santiago de Compostela e da Universitat Pompeu Fabra participarán neste encontro especializado sobre os retos da dixitalización.
Este foro de expertos pretende ser un espacio de reflexión e de debate, de presentación de experiencias e exhibición de novos contidos perante o continuo proceso de incorporación e cambio das novas tecnoloxías no eido audiovisual. Analizarase a constante evolución da obra audiovisual e de todo o seu proceso de creación, produción, realización, posprodución, distribución e exhibición así como as novas oportunidades de negocio neste novo contexto tecnolóxico do mundo audiovisual.
A inscrición para a asistencia a este este foro, que se celebrará no Hotel NH Obradoiro (Avda. Burgo das Nacións, s/n.), é gratuíta e está aberta ós profesionais do sector e estudantes de Comunicación e Audiovisual. Para a súa formalización deberase achegar oo formulario de inscrición cumpridamente cuberto ata o día 7 de outubro. O aforo limítase a 60 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de solicitude.
Programa completo
Xoves, 9 de outubro
- 10.00 -11.00. Inauguración
- Excmo. Sr. D. Fernando Xavier Blanco Alvarez
Conselleiro de Innovación e Industria
- Ilma. Sra. Dna. María Helena Veiguela Martínez
Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información
- Dna. Dolores Ben Pena
Presidenta de AGAPI
- 11.00 -14.00. Novos contidos audiovisuais. Dixitalización de contidos
Moderadora: Dna. Dolores Ben Pena
Presidenta de AGAPI
Participantes:
- D. Rogelio Velasco Pérez
Director Unidade Corporativa de Contidos. TELEFÓNICA
- Dna. Victoria E. Nogueira Valladares
Servizo de Novas Canles e Retransmisións da TELEVISIÓN DE GALICIA
- D. Alfonso Martínez
Director Marketing Audiovisual R
- D. José Antonio Guzmán Quintana
Director de Servizos Home de ORANGE
- D. Pablo González
Manager B2B de ZED GROUP
- D. Jacques Roldán
Director de Contidos para Novos Medios de SOGECABLE
16.00–18.00. Novas canles de distribución e comercialización
Moderador: D. Manuel González Álvarez
Director da Axencia Audiovisual Galega
Participantes:
- D. Rafael Sánchez Jiménez
Director-Xerente de Copia Privada de EGEDA e Director Área de Negocios EGEDA Digital
- D. José Luis Jorge
Director do Centro de Competencia de Aplicacións Multimedia de ALCATEL- LUCENT
- D. José María Besteiro
Presidente de DISTRIVISIÓN Tv e LOCALVISIÓN TV
- Dna. Teba Gómez-Moche
Representante para o Mercado Ibérico de MEDIAPEERS
- Dna. Beatriz Legerén
Presidenta de EGANET
PAUSA CAFÉ
18.15– 20.15. Exhibición dixital e explotación baixo demanda
Moderador: D. Ignacio Vilar Díaz
Director de Vía Láctea Filmes
Participantes:
- D. Josep Monleón
Director Negocios Internet e Novas Tecnoloxías FILMAX
- D. Jordi Alonso
Socio fundador de WWW.CINE.COM
- D. Sydney Borjas
Director Estratexia Dixital SDAE
- D. Miguel Angel Bouza
Avogado. Profesor de Dereito Mercantil da UNIVERSIDADE DE VIGO
Venres, 10 de outubro
9.30-12.00. Novos formatos para novos medios
Moderadora: Dna. Zaza Ceballos
Directora Xeral de Zenit Televisión
Participantes:
- D. Joan Majó Cruzate
Consultor europeo en xestión audiovisual e telecomunicacións
- D. José Ramón García
Presidente Executivo de BLÜSENS
- D. Jacobo Penide Quintela
Director Xeral de ARANTIA. Grupo TELEVÉS
- D. Gilberto Sánchez García
Director Editorial de VIRTUAL TOYS
- D. Manuel Gago Mariño
Profesor do Grupo de Novos Medios UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (USC)
PAUSA CAFÉ
12.15– 14.15. Novas oportunidades de negocio
Moderador: D. Pancho Casal
Presidente de Continental Producciones
Participantes:
- D. Ignacio Alonso Bidegaín
Xestor Análise Investimentos GESCAIXA GALICIA
- Dna. Beatriz Torres Gómez
Directora de Empresas A Coruña- Lugo CAIXANOVA
- D. José María Nogueira
Responsable de Estruturación de Activos BANCO PASTOR
- D. Antonio Rodríguez Moral
Director de Estratexia e Innovación ATOS-ORIGIN
- D. Joán Rosés
Produtor de ACTIVA MULTIMEDIA. Membro do CCMA.
- Dna. Mercé Camins
Directora del Consorci del Mercat Audiovisual de Catalunya. Profesora UNIVERSITAT POMPEU FABRA
14.15. Viño de honra.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org