inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

As oportunidades e retos da televisión do futuro

2009-07-20

As xornadas NovoMed 09, celebradas no mes de xullo en Santiago de Compostela, comezaron botando unha mirada ao futuro da televisión que vai a estar marcado pola TDT.

Zaza Ceballos, Directora Xeral de Zenit Televisión, moderou a conversa na que participaron:

- Francisco Rodil, Departamento de Programación da Televisión de Galicia

- Óscar Nogueira, Responsable de Programación e Audiencias de TV3

- Eladio Gutiérrez, Presidente Impulsa TDT

- Tomás Cid, Vicepresidente AEDETI

- Javier Peñín, Director Comercial Sur Europa e Latinoamérica Mirada PLC

A mesa comezou coa participación de Eladio Gutiérrez, de Impulsa TDT, quen estimou que a cobertura da Televisión Dixital Terrestre en Galicia xa acadou o 61,6%, cun avance de 6 puntos en pouco tempo. Con todo, o avance da TDT topa con dificultades como a masiva venda de descodificadores que non poden recibir o sinal da televisión en Alta Definición; característica que os volverá inútiles cando se complete a vindeira etapa da actualización tecnolóxica do parque televisivo: o paso ás emisións en Alta Definición. Un dos puntos nos que Gutiérrez fixo máis fincapé foi a reclamación de axudas para os usuarios, operadores e a rede de difusión xa que a transformación do sistema nun de transmisión dixital provocará grandes custes en todos estes sectores.

Tomás Cid, vicepresidente de AEDETI, fixouse noutro dos aspectos da emisión dixital: a capacidade de que a audiencia interactúe cos contidos a través do seu televisor. Dentro de este eido, xa existen programas capaces de financiarse a través de mensaxes de móbil e as tendencias de evolución indican que no futuro teremos programas de información metereolóxica, apostas, de saúde ou de banca na casa.

Como un paso máis na evolución dos interactivos,Mirada PCL é unha das produtoras que máis ten traballado neste formato. Dentro do seu currículo atópase o programa Bingo Night Live que permite aos espectaores xogar ao bingo e gañar premios en directo e que obtivo un grande éxito no Reino Unido. Javier Peñín avanzou que, sobre todo, os fornecedores de contido deben prestar moita atención “a accesibilidade do contido que debe estar dispoñible cando e onde eu queira”. Neste tipo de contidos aínda quedan áreas por definir como a capacidade de medir o impacto da publicidade ou a necesidade de definir os estándares de emisión.

Esta mesa completouse coa participación de Óscar Nogueira, responsable de Programación e Audiencias de TV3. A canle autonómica catalá conta cun revolucionario método co que non só mide a audiencia dos programas senón que tamén avalían a calidade dos seus programas a través da opinión dos espectadores. Mediante unha aplicación informática de uso sinxelo poden contar coa valoración dos espectadores dous días despois da emisión do programa.

Aínda que as experiencias de TV3 en canto a interactividade foron “decepcionantes”, o grupo empresarial conta cunha empresa, Àctiva Multimedia, dedicada a desenvolver e investigar o futuro da comunicación interactiva. Os avances permitíronlles realizar unha aposta segura pola audiodescrición para cegos e a subtitulación multilingüe.

O coloquio rematou coa participación de Francisco Rodil, do departamento de Programación da Televisión de Galicia, quen se centrou no panorama da TDT galega con licencias de emisión outorgadas á Televisión de Galicia, La Voz de Galicia e a Cope.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org