inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O novo marco regulador do modelo audiovisual

2009-07-20

As xornadas NovoMed 09 tamén contaron coa participación de expertos no marco legal do audiovisual que analizaron as últimas normas do sector.

Rosa Vilas, directora- Xerente da Televisión de Galicia, moderou o debate en torno ao marco legal no que participaron:

- Elisenda Malaret, consellera del Consell de l’Audiovisual de Catalunya

- Javier Aragonés, avogado de Suárez de la Dehesa

- Sydney Borjas, director Estratexia Dixital SDAE

- Norman Heckh, xefe de equipo do Departamento de Comunicacións e Tecnoloxías da Información de Baker & McKenzie

- Raúl Rubio, avogado Landwell - PriceWaterhouseCoopers

Elisenda Malaret, consellera do Consell de l’Audiovisual de Cataluña, comezou por enmarcar a política audiovisual europea dentro do Protocolo de Ámsterdam sobre as características, funcións e deberes da televisión pública.

De seguido, Norman Heckh, do despacho Baker & McKenzie analizou o anteproxecto da Lei Xeral do Audiovisual, un texto no que están a traballar o Goberno e as asociacións do sector audiovisual e que ten prevista a súa entrada en vigor para finais de ano. O avogado fixo fincapé nas ambigüidades do texto, que se prestan a diferentes interpretacións, e os cambio na definición, por exemplo, dos “operadores de servizos audiovisuais non liñais” que anteriormente se chamaban “de catálogo”.

Dentro do apartado do financiamento, tanto o anteproxecto da Lei Xeral do Audiovisual coma a nova Lei de Financiamento de RTVE modifican diversos mecanismos de investimento. Aínda que baixa a obriga de investimento en cine europeo das canles de televisión, amplía a obriga aos operadores de telecomunicacións, que tamén deberán investir cine europeo. Por outra banda, aínda que RTVE aumentou a súa obriga de investimento ata o 6% dos seus ingresos, a canle eliminou ao mesmo tempo a emisión de publicidade, o que provocará unha diminución radical dos seus ingresos.

Esta diminución de investimento en cine por parte da canle estatal terá consecuencias directas na industria do cine española, un sector que non conta cunha boa imaxe que acompañe a súa calidade. Con respecto a este tema, Javier Aragonés, avogado do despacho Suárez de la Dehesa, lembrou que o estudo encargado recentemente por EGEDA demostrou que o cine nacional conta cunha boa valoración dos espectadores españois aínda que estes botan en falta “producións de máis calidade e de maiores presupostos”.

Aragonés lembra que a obriga de investimento das canles é irreplazable para conseguir crear o tecido industrial preciso para que o sector bote a andar. Ademais, o avogado analizou a orde ministerial de aplicación da Lei do cine 55/2007 coa que se clarifican e detallan o proceso das subvencións públicas ao audiovisual, incluíndo todos os trámites que se deberán realizar, as puntuacións, e se inclúen como formatos subvencionables as series de animación e os telefilmes ademais de preparar a saída no 2010 das novas axudas ao desenvolvemento.

Raúl Rubio, avogado de Landwell – PriceWaterhouseCoopers, volveu a súa mirada de novo a Europa, onde a maior parte das canles de televisión públicas son financiadas, directa ou indirectamente, por un canon sobre o cidadán. Dentro deste horizonte de cambios o Goberno aínda non definiu cal será o modelo da TDT de pago, un método de transmisión para o que cada canle de televisión en aberto contará cunha licenza. O grupo de comunicación Prisa, que non conta con licencias de televisión en aberto, xa anunciou que demandará ao Goberno por esta decisión.

A mesa foi pechada pola participación de Sydney Borjas, director de estratexia dixital SDAE. Borjas remarcou o peso do sector cultural sobre a economía de España acada o 3% do PIB. Este desenvolvemento conseguiuse a pesares da desvantaxe do sector audiovisual español fronte ás producións estadounidenses, que ostentan o control da distribución e exhibición de cine.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org